Dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos de idade, terá lugar o martes, 26 de abril, ás 18 horas
A Axencia de Lectura Municipal de Areas, dependente da concellería de Cultura e Lecer que dirixe Hortensia Bautista, súmase á celebración do Día do Libro co fin de lembrar a importancia de ofrecer a todas as nenas e nenos libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
“A falta de pan, bos son contos”, unha actividade desenvolvida por Atenea García de Xarope Tulú, para celebrar o Día do Libro na Axencia de Lectura Municipal de Areas o vindeiro 26 de abril a partir das 18 horas. Esta actividade está englobada no programa Ler conta moito. É unha actividade de dinamización con música, teatro, danza… gratuíta e está pensada para que os nenos e nenas a partir de 3 anos poidan gozar dunha sesión de contos.