Avelaíña convoca un concurso o primeiro concurso de debuxo “Máis ca nunca, saúde mental”

Alumnado, usuairas e usuarios da asociación e toda a cidadanía maior de idade pode participar

O alumnado de 4º da ESO Alumnado de 4º da ESO e o de 1º de bacharalato de Belas Artes dos centros de ensino do Concello de Ponteareas dos centros educativos de Ponteareas poden participar no concurso de debuxo “Máis que nunca, saúde mental” convocado pola asociación Avelaíña que é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública, integrada por persoas con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde. Tamén poderán participar as persoas usuarias de Centros de Día das Comarcas do Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas e as persoas usuarias de asociacións destas comarcas así como a cidadanía maior de 18 anos destes mesmos concellos. A entrega de debuxos estará aberta ata o 6 de novembro e a entrega dos debuxos farase vía electrónica. Para iso enviarase o debuxo escaneado ó correo electrónico gore@avelaina.org.es con asunto: I concurso de debuxos “Máis que nunca, saúde mental”, adxuntando a imaxe do debuxo e o formulario de candidatura.

 

Avelaíña vén traballando nas comarcas de O Condado, A Paradanta e Salceda de Caselas desde o ano 2016, a través do Programa ACHEGO e tentando aproximar a atención especializada en saúde mental nestes territorios, contando con dúas sedes situadas nos concellos de Ponteareas e A Cañiza.

 

Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental deste ano, desde a Asociación Avelaíña Saúde Mental Condado Paradanta e Salceda de Caselas, presentan por primeira vez un concurso de debuxo. Co lema “Máis que nunca, saúde mental” pretenden visibilizar a importancia do coidado da saúde mental da poboación nestes tempos. A pandemia por COVID-19 pode dar lugar ao empeoramento dos problemas de saúde mental nunha proporción relevante de persoas, incluídas crianzas e adolescentes. A Organización Mundial da Saúde estima que pode ser o dobre que en circunstancias normais, aumentando a depresión, a ansiedade, os trastornos por estrés pos traumática e o consumo de alcol, así como a vulnerabilidade de persoas con trastorno mental severo.

 

Ante isto xorde máis que nunca a necesidade de recursos específicos de atención á saúde mental. As situacións de confinamento poden aumentar os sentimentos de soidade e illamento na poboación, polo que máis que nunca é necesario tecer redes de apoio entre persoas, manter hábitos de vida saudables (ter rutinas de sono e comida, facer exercicio físico, desfrutar do ocio e do tempo de lecer, etc.), así como coñecer os recursos que a comunidade ofrece e ós que a poboación pode acceder.

 

Desde Avelaíña Saúde Mental Condado Paradanta e Salceda de Caselas queren amosar todo o seu apoio, sobre todo agora máis que nunca, a todas as persoas do territorio no que actuamos. Con este concurso queren seguir difundido a labor e a imaxe de Avelaíña en colaboración coa cidadanía, de maneira que poidan visibilizar o seu traballo e chegar a toda a poboación que precise da nosa atención.

 

BASES DO CONCURSO http://www.xn--avelaia-9za.es/bases-concurso/