Aurora e Rosario Quinteiro expoñen no auditorio municipal

 

A concellería de Cultura e Turismo que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a veciñanza a gozar da exposición de pintura de Aurora Quinteiro no auditorio municipal de Ponteareas.

Aberta ata o 30 de setembro en horario de mércores a venres de 18 a 20 horas e sábados de 11 a 13 horas. 

Aurora Quinteiro expón xunto a Rosario Quinteiro cunha variedade de pinturas sobre lenzo ao óleo e acuarela que leva ao límite o realismo.