A aula de informática CeMIT segue coas súas actividades nos meses de xullo e agosto

Ofrece novos cursos en horario de mañá e tarde con diferentes temáticas e públicos.

A aula do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) , sito na rúa Oriente nº12, segue coas novas e variadas ofertas de cursos de informática, organizada por temáticas e idades, co especial obxectivo de salvar a fenda tecnolóxica en maiores e persoas con discapacidade.

Os interesados xa se poden inscribir ata o 1 de xullo no curso Elabora o teu CV que comezará o 4 e rematará o 8 de xullo, con diferentes horarios de mañá de 10.30 a 12.00 horas e horario de tarde de 16.30 a 18.00 horas, o luns, o mércores e vernes desa semana.

O prazo de inscrición para o seguinte curso Busca de emprego remata o 8 de xullo e comeza o 11 e finaliza o 15. Terá horario horario de mañá e de tarde, de luns a venres.

O 15 de xullo será o fin de inscrición para Informática para menores, que comezará o luns 18 e rematará o venres 22 en horario de 10.30 a 12.30 h.

CemitBieito2_opt

O fin de matrícula para O Uso seguro das TIC é o 29 de xullo, que comezará o 1 de agosto e remata o 5 de agosto, en horario de 10.30 a 12.30 h. O 5 de agosto remata a inscrición para o obradoiro da seguinte semana do 8 ao 12 de agosto Uso da tablet, en horario de 16.00 a 18.00 h.

O 12 rematará a matriculación para o obradoiro Trocos por Internet do 16 ao 19 de agosto, en horarios diferentes de 10.30 a 12.00 e 16.30 a 18.00 horas. Por último, o fin de inscrición no curso Protexe o teu PC remata o 26 de agosto e realizarase do 29 de agosto ao 2 de setembro, no mesmo horario que o anterior.

Este servizo ofrécese grazas á concesión dunha subvención por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Concelleiro de Novas Tecnoloxías Benito Márquez anima á toda a veciñanza a anotarse nestes cursos “porque axudan a adaptarse á nova era dixital”.