A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ponteareas celebrará cursos de alfabetización dixital nos vindeiros meses.
Os cursos que se ofertan son “Iniciación á Informática”, “Iniciación a Internet”, “Procura de Emprego por Internet”, “Redes Sociais”, “Procesador de Textos”, “Follas de Cálculo”, “Presentacións”e “Bases de Datos” tanto en horario de mañá como de tarde.
Estas actividades serán dunha duración de entre 8 e 16 horas, e teñen como obxectivo iniciarse no mundo das novas tecnoloxías e nalgunhas das súas aplicacións mais utilizadas.
Ademais a aula conta con un servicio de aula aberta para que a cidadanía poida utilizar os ordenadores que hai, conectarse a internet, facer trámites coa administración, aclarar as dúbidas que poidan ter…
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Ponteareas sito no Centro de Servicios Sociais, Rúa Oriente nº 12, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 673794883, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.ponteareas@xunta.es