A aula CeMIT celebrará 1 curso de programación para dispositivos móbiles do 15 ao 28 de outubro

Mobile-Apps-630x341-500x270A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ponteareas comezará na vindeira semana un curso dentro do proxecto da Xunta de Galicia “Faite Dixit@l”.

Do 15 ao 28 impartirase o curso “Programación de dispositivos móbiles”, co que se pretende que os asistentes aprendan a desenvolver aplicacións para dispositivos Android (móbiles, tabletas,…). O horario será de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres.

Os asistentes deben tener coñecementos de programación orientada a obxectos ( Java, C#, VB .NET, etc.).

Faite Dixit@l, é un itinerario de capacitación tecnolóxica orientado a ofrecer aos participantes ferramentas e coñecementos que favorezan a empregabilidade, o emprendemento e a adquisición de novas competencias dixitais. Faite dixit@l está aberto a todo mundo e contempla máis de 160 actividades gratuítas ata o mes de decembro, superando as 500 horas de duración.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Ponteareas sito no Centro de Servicios Sociais, Rúa Oriente nº 12, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 673794883, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

cemit.ponteareas@xunta.es