ATENCIÓN E INFORMACIÓN CIDADÁ

 

Neste espazo ofrecemos o primeiro catálogo de servizos públicos do Concello de Ponteareas elaborado pola Concellaría de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá. Dun xeito moi doado poderás coñecer e acceder á información completa de todos os servizos municipais que presta o Concello.

A información de cada servizo estrutúrase do seguinte xeito:

  • Área de Goberno
  • Denominación do servizo
  • Descrición do servizo, incluindo os procedementos que, no seu caso, se tramitan no mesmo.
  • Emprazamento físico.
  • Teléfono
  • Enderezo electrónico
  • Horario de funcionamento ou atención ao público

A ATENCIÓN CIDADÁ DURANTE A CRISE SANITARIA

Mentres se mantén a actual crise sanitaria, a atención cidadá está condicionada polas medidas de distanciamento social. Estas son as modalidades de atención e información.

  • Atención telefónica
    • Centraliña da Casa do Concello: 010 (desde Ponteareas) – 986640000
    • Teléfonos directos de servizos municipais (ver catálogo)
  • Atención presencial
    • Sen cita previa: Rexistro Xeral / Oficina de Recadación
    • Con cita previa: resto dos servizos
      • Cita web/telefónica automática:
        • Estatística e Padrón de Habitantes. Consulta aquí os trámites e documentación
        • Oficina Municipal de Información sobre Consumo – En periodo de probas, non dispoñibel polo momento
        • Oficina de Urbanismo e Punto de Atención Catastral – En periodo de probas, non dispoñibel polo momento
        • Asesoría Xurídica (só profesionais) – En periodo de probas, non dispoñibel polo momento
      • Cita telefónica a través de traballador/a: resto dos servizos