Ata o día 4 de xuño podes inscribirte no Verán Rural 2019

A concellería de Ensino, que dirixe en funcións Cristina Fernández, informa de que está aberto o prazo para a solicitude do Verán Rural 2019, unha alternativa de lecer para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos que facilita a conciliación familiar en tempada de verán. 

A concellería establece varias quendas que rotarán polas parroquias:

1ª quenda- do día 1 ao 15 de xullo en Arcos e Xinzo

2ª quenda- do día 16 ao 31 de xullo en Prado e Guláns

3ª quenda- do día 01 ao 16 de agosto en Fozara e Padróns

4ª quenda- do día 17 ao 31 de agosto en Cristiñade

As prazas son limitadas e desenvolveránse nas respectivas casas culturais cun custe de 32€ en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A preinscrición está xa aberta ata o vindeiro 4 de xuño e todos e todas as interesadas deben porse en contacto co departamento de Ensino do concello de Ponteareas, teléfono 673 794 880, ou nas propias casas culturais das parroquias. Tamén se poden consultar as bases e formularios na páxina web do concello no apartado Ensino, “bases ensino” ou clikando directamente nesta ligazón https://ponteareas.gal/servizos/ensino/bases-ensino/