A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Vanesa Fernández, informa que dende hoxe ata o día 2 de abril, ámbolos dous incluídos, a unidade móbil de inspección técnica de agrícolas estará en Ponteareas. En horario de 09:00 a 13:30h e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres, agás o día 2 que estará só de mañá todos os propietarios de vehículos agrícolas poderán realizar a inspección técnica diante do campo de fútbol de Pardellas.
Para solicitar cita previa ou ben chamar ao 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.