O concello de Ponteareas informa que ao abeiro do Convenio Colectivo e o Acordo Regulador do persoal do Concello de Ponteareas no que se recolle no artigo 21.- Calendario Laboral “ … na semana correspondente á festividade dos Remedios (semana grande), aplicarase unha dispensa horaria de 1,5 hora ao final da xornada.
Polo que se comunica a toda a cidadanía que a semana do 02 ao 08 de setembro aplicarase unha redución de 1,5 horas ao final da xornada aplicada ao horario de verán pechando así a atención ao público ás 12:30 horas.
O horario de apertura habitual retomarase o luns día 9 de setembro.