Os usuarios do centro de discapacitados Asprodico, dependente da concellería de servizos sociais-atención primaria, que dirixe Marisol Valado, desenvolveron actividades prácticas no mercado de abastos de Ponteareas.
Un dos obxectivos do obradoiro ocupacional, que se leva a cabo no centro e a mellora da autonomía persoal e as habilidades sociais dos seus participantes. Nesta liña, e dentro do obradoiro das actividades de terapia ocupacional, desenvólvese o taller de horticultura e floricultura, nos que os usuarios apreden a cosechar produtos, de xeito natural, sen aditivos químicos.
A actividade feita, consistíu en utilizar as bancadas da carreira, para expoñer os resultados da súa colleita, interacionando coas vendedoras habituais de dito mercado quenes lles orientaron en canto a precios a cobrar ou modo de expoñer a mercadoría.
O público que acudía ao mercado, amosou interés polos produtos, dirixíndose aos “vendedores” e facéndolle preguntas sobre a súa orixe e o xeito da colleita.
Según a concelleira Valado, “con estas actividades, poñemos en valor tanto o centro Asprodico como o mercado tradicional da carreira, aproveitando os recursos municipais para a implementación de dous servizos”.
Esta actividade práctica desenvolverase todos os venres, para facilitar a participación de todos os usuarios de Asprodico.