O evento tivo lugar en Ourense e achegáronse nove deportistas do colectivo na que intercambiaron coñecementos con catro profesores da federación chinesa.
Os mestres enviados ata Galicia supervisarán e ampliarán0 os coñecementos sobre este arte marcial orixinario de China dos alumnos e alumnas neste curso internacional. Nove foron os afortunados deportistas da A. D. Wudang de Ponteareas, que completaron con éxito os sete días de curso intensivo.
Luis Argüelles, director da asociación, técnico e seleccionador galego na modalidade de taolu, cualificou “de éxito rotundo” esta cita onde deportistas de toda Galicia e doutras comunidades puideron aprender e mellorar destrezas da man dos profesores campións chineses.
A A.D. Wudang ven de acadar varios campionatos nacionais e internacionais e continúa “sen descanso” coa formación de deportistas de alto nivel, así como, doutras actividades e eventos.