A Asociación de Hostalería e Turismo do Condado xunto coa Concelleira de Comercio, presentan o espectáculo de Tony Lomba e Manuel Manquiña: “Música Ligera”. A actuación terá lugar o vindeiro domingo 30 de marzo as 19 horas no auditorio Reveriano Soutullo, e nela os asistentes disfrutarán dunha velada na que atoparán “melodías de terciopelo e discursos salvaxes…” e na que o “artista” e o “manager” encargaranse de elevalos ao ceo ou baixalos ao inferno. As entradas pódense adquirir en venta anticipada nos locais da asociación a 10 euros e tamén en taquilla o día do espectáculo a 12 euros. Nota: Só para adultos
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies