As xoias do pasado volven ao presente coa concentración de vehículos clásicos e históricos do Condado e da Paradanta

Organizada polo Club Clásicos e Históricos do Condado e da Paradanta, a terceira edición da concentración de vehículos clásicos e históricos do Condado e da Paradanta chega a Ponteareas este domingo 11 de agosto a partir das 9 horas na praza Bugallal donde se exhibirán máis de setenta coches anteriores ao ano 1989.

Fords Mustang, Jaguars E-type, Seats 600 ou 1430 ou Citroëns 11 entre outros modelos e marcas que pasearán polas dúas comarcas para o deleite de todos os condutores e do público en xeral que admirará a mecánica e a estética desta industria nos séculos XIX e XX.

Ás 10:30 horas os motores dos coches clásicos e históricos acenderán para viaxar a Salvaterra, As Neves, Arbo, A Cañiza, Mondariz e Mondariz Balneario donde pararán para xantar e regresarán á praza Bugallal de Ponteareas ás 17:30 horas para exhibir as súas máquinas.

A organización explica que amplía o prazo para que todos e todas as que o desexen poidan participar nesta concentración para a que tan só hai que inscribirse nos números de teléfono 649 436 328 ou 690 869 347.

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza da comarca a admirar estas xoias do pasado na praza Bugallal e a arroupar a saída dende o centro de Pontearas ás 10:30 horas do domingo.