As rúas A Estrada, Morales Hidalgo e parte de Fernández Vega estarán pechadas ao tráfico o próximo sabado entre as 21.00 e as 22.30 horas

 

As rúas A Estrada, Morales Hidalgo e parte de Fernández Vega estarán pechadas ao tráfico o próximo sábado entre as 21.00 e as 22.30 horas

 

As rúas A Estrada, Morales Hidalgo e o tramo da praza Fernández Vega comprendido entre a rúa da Braña e a rúa dos Ferreiros estarán pechadas ao tráfico o próximo sábado entre as 21 e as 22.30 horas. Ademais estará prohibido o estacionamento a partir das 20.30 en A Estrada e Morales Hidalgo, agás para as persoas residentes que os poderán ter estacionados, pero non poderán circular. O acceso as rúas República Arxentina, Esperanza, Ferreiros, A Calexa e San Roque poderase realizar pola rúa do Baratillo. 

 

O Concello quere evitar que o ruído dos coches interfira no concerto ao aire libre co que se inaugura o Festival Groba. O espectáculo comeza ás 21.00 na praza Doutor Fernández Vega na que Laura Lorenzo á frauta, e a Orquestra de Cámara Galega musicarán obras de Handel, Stamitz, Bach, Telemann e Rogelio Groba.