AS PARROQUIAS DE PAREDES E FOZARA CONTARÁN CON VIAIS MELLORADOS
A concelleira socialista de vías e obras destina máis de 114.944,51 euros para a mellora dos viais que van dende a parroquia de Fozara ata de Paredes.
A concellería de vías e obras dirixida pola socialista Chus Garrote continúa a traballar na mellora das condicións dos viais das nosas parroquias para mellorar o día a día dos nosos veciños e veciñas.
Así, fai tres semanas adxudicouse e formalizouse un contrato dividido en dous lotes. Un deles para a mellora de accesos no lugar de o Toucedo en Paredes, e o segundo para a pavimentación do camiño municipal no barrio de Outeiro de Castro en Fozara.
Á licitación levouse a cabo mediante o procedemento de contratación aberto simplificado con oferta integradora, e para cada un dos lotes presentáronse un total de once empresas. O lote un foi adxudicado á empresa Narom S.L. e o lote dous á empresa Asfalgal técniccas viarias S.L: Os importes de adxudicación dos lotes acadaron as cuantías de 60.962,79 euros e 53.981,72 euros respectivamente.
A financiación da obra divídese en tres partes. Para o lote un a financiación é do 100% pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2020 e para o lote dous o 80% o financia a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 e o 20% restante finánciase con fondos propios do Concello.
A concelleira de Vías e Obras sinala a “importancia de invertir no rural para mellorar as comunicacións dos veciños e poder ter así acceso a distintos servizos públicos de primeira necesidade ”nas distintas obras se realizaron as limpezas de cunetas e a nova capa de rodadura ,estan a pique de rematar e tanto para o vial de Paredes coma para o vial de Fozara ampliouse o prazo de garantía ata 60 meses.