As inscricións na andaina de regularidade “Ponteareas25 km” sumaron 800€ de solidariedade destinada ao centro de reparto de alimentos

A concellería de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo agradece o traballo da organización e a xenerosidade de todas e todos os participantes

A concellería de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo agradece a todas e todos os participantes na andaina de regularidade “Ponteareas25km” a súa solidariedade que sumou un total de 800€ recadados coas inscricións. Rosa Covelo destaca o importante traballo realizado polo grupo “Os do Condado” e por Xistra non só por organizar esta proba senon tamén por contribuir a recadar fondos que agora son destinados ao centro de reparto de alimentos de Ponteareas.

Este ano entre as dúas andainas, a de 25 km e a de 12 km recadáronse 200€ máis ca no ano anterior, que se suman aos alimentos e produtos de hixiene que todos os participantes e veciños e veciñas depositaron no lugar da saída.

Contacto coa natureza, posta en valor do noso patrimonio natural e histórico, solidariedade e, sobre todo, cooperación e traballo en equipo foron algúns dos obxectivos desta actividade realizada en colaboración coa concellería de Medio Ambiente