As casas culturais ofrecerán novos cursos neste trimestre

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, informa dos novos cursos que se ofrecerán nestes meses ás casas e centros culturais das parroquias. Un total de sete cursos que recibirán de xeito totalmente gratuíto ao longo destes tres meses.

As casas e centros culturais poderán ofrecer talleres de memoria, cursos de cestería, de cosmética, cociña, manualidades, arte floral ou teatro.

A concellería de Cultura continúa así ofrecendo novos cursos para dinamizar a actividade nos centros culturais das parroquias que fan unha importante labor social e forman parte da identidade de cada unha delas.

O teléfono de contacto para obter máis información é o 986 66 16 74.