
O Concello traslada os seus parabéns a todas as comparsas participantes polas súas atrevidas propostas
As comparsas encheron de cor, música, animación e diversión as rúas de Ponteareas coas súas carrozas, divertidas propostas que conquistaron ao público e ao xurado. Dende o Concello trasládanse os parabéns a todas e todos os participantes.
O concurso de carrozas rematou cos seguintes premios:
- Mención á mellor vestiario: “Comparsa Fantasía” da Comparsa Fantasía de Colores.
- Mención á mellor copla: “A ritmo cubano” da A.VV. San Vicente e Canedo.
- Mención á temática de actualidade “Guláns/Sanidade?” da A. A. C. Guláns.
- Mención á mellor coreografía: “Comparsa Fantasía” da Comparsa Fantasía de Colores.
- Mención á mellor Temática clásica: “Circo” da A. C. Carnavaleros.
- Mención á orixinalidade Marcho que teño que marchar A.VV Chan de Gándara.
- Mención á mellor interacción co público: “Happy Bunny” da A.C. Campechanos.
- Mención á tradición: A granxa de Oliveira da Asociación Cultural Os Muíños de Oliveira.
- Mención animación músical en directo: “Guláns/Sanidade?” da A. A. C. Guláns.
- Mención á mellor carroza: “Río” da A. C. Os Brincadeiros.