As Axencias de Lectura de Areas, Xinzo e Ribadetea retoman a súa actividade a vindeira semana

A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba informa que as Axencias de Lectura de Áreas, Xinzo e Ribadetea volverán abrir as súas portas a vindeira semana. O horario será de 16:00 a 18:00 h os martes en Areas, os mércores en Xinzo e os xoves en Ribadetea. A axencia de Guillade retrasará a súa apertura e permanecerá pechada unha tempada para poder executar obras de reforma integral.

A concellería explica que a principal función das axencias é fomentar a lectura ao mesmo tempo que se converten nun centro integrador e dinamizador da vida cultural nestas parroquias.

Todas estas axencias acollerán un contacontos un día á semana, para desta forma animar aos máis cativos a achegarse e coñecer a súa biblioteca máis próxima.

Tamén na Biblioteca Municipal de Ponteareas, todos os xoves, a partir da vindeira semana, haberá un contacontos para nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos.

O contacontos é como un momento máxico de encontro coa literatura fundamentada no moito que lles gusta aos nenos e nenas destas idades temperás que o adulto lles lea.