As amazonas do Club Hípico CHAR destacan no concurso de salto 2 Estrelas

Lucía Campos Cora e Lucía Oterino Alonso, xinetes do Club Hípico CHAR de Ponteareas, participaron no Concurso Nacional 2 Estrelas de Salto. As amazonas ponteareás conseguiron boas clasificacións nesta proba celebrada en Mondariz; en concreto Lucía Oterino participou na modalidade de 0,50 e quedou segunda no último día co seu cabalo “Flaubert Deval”, e Lucía Campos, que participou en 0,80, quedou cuarta no segundo día co seu cabalo “Guerreiro” cedido ás instalacións do Club Hípico CHAR por Purada (Asociación Cabalo Galego).

Dirixidas polo seu adestrador de equitación, Isidro Calvo, participarán a fin de semana do 6 e 7 de outubro no Club Casasnovas en Arteixo no concurso territorial de salto no que tamén participarán as súas compañeiras de club, Lía Senra, Inés Sánchez e María Artepazo. A esta última proba irán acompañadas tamén da adestradora Nerea Muíño.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, animaron ás deportistas ponteareás polos seus postos e desexáronlle sorte na competición desta fin de semana.