As alumnas do módulo de sociosanitaria do obradoiro de emprego comezan as prácticas no complexo residencial do Meixoeiro

As alumnas da especialidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio e Institucións Sociais, iniciaron onte día 4 e ata o día  15 de marzo de 2019  en horario de 8:30 a 14:00 h as prácticas formativas no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes  do Meixoeiro en Vigo, para completar a súa formación nos certificados de profesionalidade.

É a primeira vez que o alumnado do módulo de sociosanitaria desenvolve prácticas nunha residencia de dependentes completando máis a súa formación e facéndoas máis versátiles.

O día 4 tiveron a presentación e o acollemento das alumnas por parte do Director do complexo residencial, Oscar Arroyo,  e a responsable asistencial, Eva Bouza. Logo da presentación cada alumna tiña encomendada as tarefas  e a planta donde van realizar as prácticas baixo a organización do persoal do complexo residencial e coa supervisión da docente Yolanda Mella Cubo da parte sanitaria do Obradoiro de Emprego “Coidar de Nós”.

O Alcalde Xosé Represas desexa ás alumnas que esta aprendizaxe sexa moi instrutiva e proveitosa e lles sirva para ser mellores profesionais no seu futuro laboral.