As alumnas da especialidade de sociosanitaria acompañan aos residentes de Santa Ana a visitar e facer compras na praza de abastos

As alumnas da especialidade de Atención Socio Sanitaria a persoas dependentes no domicilio e institucións sociais do Obradoiro de Emprego “Coidar de Nós” están a prestar o servizo nos domicilios e na residencia Santa Ana realizando actividades manuais, de estimulación cognitiva, de orientación, e de coidado da horta de plantas aromáticas que plantaron coa colaboración da especialidade de xardinería.

Hoxe mesmo as alumnas de sociosanitaria acompañaron aos residentes a visitar a praza de abastos e facer compras neste espazo.