As agrupacións folclóricas de Ponteareas versionan a Foliada de Tenorio para animar á veciñanza

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, quere agradecer a importante colaboración dos grupos folclóricos de Ponteareas que nestes días realizan materiais audiovisuais de apoio á veciñanza contribuíndo a xerar un ambiente festivo que axude a superar todas e todos xuntos estes tempos de crise sanitaria.

As agrupacións de Ponteareas acolleron con ilusión a iniciativa da concellería de realizar un vídeo conxunto que nesta semana se difundíu nas redes sociais municipais e nas que as agrupacións colaboradoras amosan toda a súa creatividade.

A agrupación folclórica Algazara, o grupo tradicional de música Sadeo, o grupo Os Muíños de Oliveira, o grupo Pedra da Garza, a agrupación folclórica Xinzo, a agrupación folclórica de Padróns e As Fiuncheiras de Guillade versionaron a Foliada de Tenorio adaptándoa á actualidade cunha letra divertida e comprometida cargada de ánimos para toda a veciñanza.

Cada ano, na semana previa ao Corpus, os grupos folclóricos achéganse aos portais alfombristas a tocar ás persoas que…

Publicada por Cultura e Turismo Ponteareas en Lunes, 8 de junio de 2020