Arxentina, Taití, Xapón e Galicia súbense ao escenario da Feira Vella nunha nova edición do “Algazara Danzando entre Culturas”

A concellería de Cultura e Turismo que dirixe Hortensia Bautista e o Alcalde de Ponteareas presentaron xunto á Agrupación Folclórica Algazara unha nova edición do “Algazara Danzando entre Culturas” que terá lugar o vindeiro domingo día 22 de xullo a partir das 21:30 horas no parque da Feira Vella.

Representantes do folclore galego, de Arxentina, de Taití e de Xapón subirán ao escenario da Feira Vella para encher de exotismo, cultura e tradición esta nova cita cun festival que pon en valor as danzas e músicas máis ancestrais.

Vestimenta, instrumentos, ritmos, coreografías, atrezzos e movementos que son símbolo de identidade dos diferentes pobos que este ano visitan Ponteareas. 

Para a concelleira de Cultura e Turismo, este festival pón en valor a danza e sons como manifestación cultural dunha poboación e como nexo de unión de distintos puntos das distintas civilizacións.