Aprobado o proxecto básico de execución da humanización do primeiro tramo do Paseo Matutino

O Concello de Ponteareas aproba con dezaseis votos a favor e catro abstencións (EU e ACIP) a proposta de reaxuste do cronograma para o pago do contrato de consultoría e asistencia técnica para os traballos de redacción do PXOM e execución da cartografía.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ditou unha orde de requerimento que supón a realización de diversos traballos de planeamento para a aprobación definitiva do PXOM de Ponteareas, polo que é preciso reaxutar o calendario de pagos que no supón en ningún momento un incremento do custe. O novo cronograma quedaría do seguinte xeito: A entrega do 35% do importe total pendente no momento de asinar esta modificación: 27.539€; o 30% do importe total pendente á entrega dos documentos precisos para enmendar as deficiencias sinaladas na resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: 23.605€ e o 35% restante despois da aprobación definitiva do PXOM pola Xunta de Galicia: 27.539€, todo sen IVE.

Na sesión ordinaria celebrada onte foron aprobados por unanimidade a proposta da Concellería de Urbanismo, Vías e Obras de aprobación do proxecto básico e de execución da “Humanización do Paseo Matutino (Tramo I)”. Toda a corporación decidíu apoiar a moción do BNG para adoptar unha serie de acordos relativos ao Pazo de Meirás.

Así mesmo, o pleno aprobou por unanimidade a creación dunha plataforma para reclamar o restablecemento do servizo da segunda ambulancia as 24 horas en Ponteareas e os concellos da comarca, un servizo que afecta tamén aos veciños e veciñas de Salvaterra de Miño, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves. 

A Concelleira de Sanidade, Vanesa Fernández, explica que no ano 2011 cos recortes de Feijoo prescindíuse desa segunda ambulancia que xa, tamén por unanimidade, se reclamou no momento, non obtendo resposta algunha.

“Non sabemos que criterios seguiron para deixarnos sen aquela segunda ambulancia, se tiveron en conta a dispersión xeográfica ou o número de residencias de maiores que temos na zona. O propio Salvador González Solla non foi capaz de obter resposta algunha da Xunta de Galicia naquel momento”, afirma Vanesa Fernández.

Para a Concelleira de Sanidade é inadmisible que se produzan recortes na sanidade porque “somos persoas, non números nin contas”, motivo polo que recrimina ao Partido Popular local que se escude nos axustes orzamentarios como motivo para prescindir da segunda ambulancia. 

No pleno ordinario tamén tiveron voz as traballadoras da escola infantil que preguntaron polo estado da redacción do convenio colectivo. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convidou a toda a corporación a traballar en conxunto para acadar, dentro das posibilidades financieiras do concello e dos limites que marca o goberno central, unha mellora tanto para estas traballadoras da escola infantil como para o resto dos traballadores do Concello que precisan unha actualización salarial. 

Para o grupo de goberno é imprescindible que haia un consenso e un compromiso por parte de tódolos grupos para poder sacar adiante os acordos que se vaian acadando cos traballadores.

No pleno tamén compadeceu a Tenente de Alcalde e Concelleira de Urbanismo, Vías e Obras, Chus Garrote, para explicar aos veciños e veciñas da rúa Castelao que contan co apoio do Concello en canto a realización das beirarrúas no último tramo da avenida preto da rotonda que vai Mondariz, sendo responsabilidade da Xunta de Galicia este tipo de obras ao ser a titular desa estrada.