O ilustrador dos coñecidos “Bolechas”, Pepe Carreiro, estará mañá venres ás 17:30 horas no museo municipal para impartir un obradoiro de ilustración enmarcado dentro das actividades programadas polo día de Castelao.
O obradoiro é para tódolos públicos e totalmente de balde.