Apertura dunha nova estrada na parroquia de Xinzo

xinzo-cividade-n120O asfaltado do anterior camiño de terra que unía a estrada Nacional-120 co barrio de Cividade, na parroquia ponteareá de Xinzo, foi rematada esta semana. As marxes do vial tamén foron ampliadas, instalando muros de pedra e formigón que a partir de agora permitirán circular por unha nova estrada máis ancha. As obras de asfaltado leváronse a cabo con aglomerado en quente e fan realidade unha das principais demandas da Asociación de Veciños de Xinzo, mellorando o tráfico nunha das principais arterias da parroquia.