Ao longo destes días todos os fogares terán na súa caixa de correos o programa cultural

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, e a concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informan que xa está a disposición da cidadanía o novo programa cultural trimestral que ao longo destes días chegará a todos os fogares de Ponteareas, tanto do centro urbano como das parroquias.

Actividades e propostas para todos os públicos e tendencias que se ofertarán tanto no centro urbano como nas parroquias e totalmente de balde.

Exposicións, cine, concertos, música, monólogos, feira de oportunidades, obradoiros, homenaxes, teatro, festas e ciclos de humor nos que poderán participar todas as familias.

Cristina Fernández adianta que nesta programación cultural atoparemos actos entrañables como o concerto con motivo do 90 aniversario do mestre Rogelio Groba Groba e iniciativas novidosas ou variadas como a Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que este ano ten un pase libre para o público en xeral ou congreso de Patrimonio do Condado, organizado pola concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba.

O programa cultural trimestral tamén se poderá atopar na biblioteca pública municipal e na casa do concello.

Tamén podes descargar o teu pdf aquí debaixo

POLIPTICO PRIMEIRO TRIMESTRE-2020-011-def