A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Verónica Carrera, informa que está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do curso de iniciación de linguaxe de signos.
Ante o éxito da primeira convocatoria, Verónica Carrera volve ofrecer este curso totalmete de balde e que terá lugar os luns, martes e mércores na sala multiusos do auditorio municipal en horario de 18 a 21 horas.
O curso comeza este luns día 11 e todos e todas as interesadas deberán inscribirse no número de teléfono 672 105 468.
Este curso enmárcase dentro da primeira programación estable “Mocidade Viva” deseñada específicamente para a mocidade da cidade e coa súa colaboración.