Anotade na axenda! Terceira cita co Festival Internacional de Teatro de Rúa!!!

A concellería de Cultura e Lingua agárdavos hoxe nunha nova cita co Festival Internacional de Teatro de Rúa que como cada tarde arranca ás 19 horas para encher de maxia as rúas de Ponteareas. O Festival Internacional de Teatro de Rúa conta co apoio da Deputación de Pontevedra. 

Familias, anotade na axenda, ás 19 horas comeza no parque Ferro-Ucha para pasar polo concello e rematar no parque da Perillana o “Circo e rúa” de EducaTeatro coa colaboración da Turre´s Band. Ás 19:30 horas na praza da Perillana Mircromina Títeres representa “A Familia unida”.

Ás20:30 horas dende a praza da Perillana ata o Parque das Pombas EducaTeatro percorre Ponteareas con “Circo e rúa”.

Ás 21 horas no parque das Pombas o mago Raúl Camagüei desplega a súa maxia chegada dende Cuba.

ÁS 22 horas no parque das Pombas The Turre´s Band pecha a programación deste terceiro dia de festival internacional de teatro de rúa.

Mañá sábado día 6, ás 19 horas nos xardíns do concello EducaTeatro porá en escena “Os Tres Porquiños van de festa”, o espectáculo comeza nos xardíns do concello e viaxa ao parque Ferro-Ucha para rematar na Feira Vella coa colaboración de Fanfarria Farruxa.

Ás 19:30 horas no parque da Feira Vella Raúl Camagüei trasnporte a súa maxia cubana ao céntrico parque.

Ás 20:30 horas tamén arranca na Feira Vella EducaTeatro con “Os porquiños van de festa” en dirección ao concello e logo á praza Maior.

Ás 21 horas na praza Maior os madrileños Wilbur Acrobacia traen o espectáculo “Piensa en Wilbur”.

Ás 22 horas remata o noso Festival Internacional de Teatro de Rúa na praza Maior coa obra “Os porquiños van de festa” e moita música para a festa de clausura.