O alcalde, Salvador González Solla, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa e directivos da Casa Cultural de Guláns como responsables da organización, presentaron na casa do concello a primeira “Andaina polas terras de Guláns”, que se celebrará o vindeiro domingo 6 de abril ás 9 da mañá, con saída desde o Centro Cultural de Guláns no Parque da Visoureira.
O percorrido será de 23 quilómetros e transcurrirá por sendas, pistas forestais, sendeiros de cultivo,….
A recollida de dorsais será a partires das 8 da mañá e a inscrición pode realizarse chamando ao 699 641844 ou enviando un email a asociaciónculturalgulans@gmail.com.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies