Ampliado o prazo de preinscrición para o Campus-Tea urbano e para o Campus-Tea rural

A concellería de Educación subvenciona, un ano máis, este campamento de conciliación familiar e laboral que se desenvolve en distintas casas e centros culturais

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que se amplía o prazo de preinscrición para o Campus-Tea tanto urbano como rural ata o vindeiro luns 22 de xuño. Un ano máis, o campamento facilitará ás familias a conciliación familiar e laboral abrindo as súas portas para os e as cativas de 3 a 12 ano escolarizados nas etapas de educación infantil e primaria.

CAMPUS TEA-RURAL

O Campus-Tea rural desenvolverase en horario de 9 a 14 horas e ofértase en quendas de quince días sendo esta a oferta:

MES DE XULLO:

1ª Quenda, do 1 ao 15 de xullo no Centro Cultural de Cristiñade

2ª Quenda, do 16 ao 31 de xullo na Asoc. Cultural de Guláns

MES DE AGOSTO:

1ª Quenda: do 1 ao 15 de agosto no Centro Cultural de Arcos

2ª Quenda: do 16 ao 31 de agosto no Centro Cultural de Bugarín

As bases e o impreso (Anexo I), de Preinscrición do Campus-Tea urbano/rural poderán obterse de luns a venres en horario de 9 a 14 h. na Oficina de Ensino, no andar baixo ou no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas ou ben directamente na Sede Electrónica do Concello de Ponteareas.

Tamén se poden consultar premendo directamente na ligazón da pestaña Ensino, Campus Tea da páxina web https://ponteareas.gal/servizos/ensino/campus-tea/

CAMPUS TEA-URBANO

O Campus-Tea urbano ofértase tamén en quendas de quince días que van dende o 1 de xullo ao 31 de agosto e desenvolverase nas instalacións do colexio Nosa Señora dos Remedios e do colexio Fermín Bouza Brey de 9 a 14 horas, existindo tamén a posibilidade de solicitar aula matinal en horario de 07:30 a 09:00 horas.

As quendas do campamento serán as seguintes:

MES DE XULLO:

1ª Quenda, do 1 ao 15 de xullo

2ª Quenda, do 16 ao 31 de xullo

MES DE AGOSTO:

1ª Quenda: do 1 ao 15 de agosto

2ª Quenda: do 16 ao 31 de agosto

Cristina Fernández explica que se seguirán todas as normas e protocolos sanitarios establecidos polo Estado.