Ampliado nunha hora o horario de peche da hostelaría en fin de ano en Ponteareas

A Xunta autoriza a ampliación a petición do Concello

A Xunta de Galicia vén de autorizar a ampliación dos horarios de peche da hostelaría ponteareán na noite de fin de ano. A decisión é consecuencia da petición realizada polo Concello atendendo a diferentes peticións de profesionais do sector. A ampliación será dunha hora, por ser o previsto na normativa vixente. No resto das festas de nadal mantense o horario ordinario.

O Concello explica que o goberno continuará velando polo cumprimento dos horarios, “pero tentaremos nas vindeiras semanas consensuar para todo o ano 2020 a ampliación do horario nunha hora, de forma excepcional, en datas sinaladas como as festas patronais, a festa do Corpus ou outras datas de especial significación festiva, ao tratarse dunha posibilidade contemplada na lexislación”.