O Alcalde participa nunha reunión da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

O Alcalde de Ponteareas asisitíu á reunión convocada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo dependente do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, á que estaban convidados todos os concellos e mancomunidades de máis de vinte mil habitantes da demarcación para coordinar as actuacións a por en marcha para paliar os efectos da sequía.

No encontro desta mañá, a CHMS pedíu aos responsabes municipais que redacten ou adapten os seus plans municipais de emerxencia ante situacións de sequía tal como establece a lei do Plan Hidrolóxico Nacional, que dispón que as administracións públicas responsables de sistemas de abastecemento urbano que atendan, a unha poboación igual ou superior a 20.000 habitantes, deberán dispor dun Plan de Emerxencia que deberá ter en conta as medidas previsas nos Plans Espeicais de actuación en situacións de alerta e eventual sequía dos organismos da conca. 

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, adiantoulles que aínda que grazas ao río Tea non hai limitacións no subministro si que é preciso ampliar a rede para evitar futuros problemas. Nas vindeiras semanas entregarán á Confederación Hidrográfica o estudo para determinar as necesidades reais deste Concello en materia de abastecemento de auga potable. 

“Grazas a intervención de urxencia que se fixo na AZUD da Freixa en agosto non quedamos sen subministro de auga por iso temos que ter unha previsión do que imos precisar e pedir sempre un consumo responsable á cidadanía”.

Ademais, tamén informouse aos concellos que, en cumprimento do disposto no RD 1/2016, de 8 de xaneiro, polo que se aprobaron os plans hidrolóxicos de conca das demaracións intercomuni

O vindeiro mes de decembro sairá a consulta pública a revisión do Plan Especial de Alerta e Eventual Sequía da CHMS conxuntamente co resto de demarcacións hidrográficas, por un prazo de tres meses, polo que o organismo de conca convidou aos concellos a participar nese proceso de consulta aportando as suxerencias que estimen oportunas. 

A mellora da coordinación e colaboración entre as administracións permitirá dar respostas máis eficaces frente a situacións extremas.