Adxudicado o subministro de xogos para o parque infantil de Arcos

O concello de Ponteareas vén de adxudicar por 20.570€ o subministro de xogos para o parque infantil da parroquia de Arcos financiado a través do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Este proxecto permitíu a remodelación do parque infantil do centro cultural no barrio de Correlo que agora conta con novos xogos para menores de catorce anos. O centro cultural de Arcos é un espazo de lecer e desenvolvemento para toda a veciñanza e un dos puntos de encontro das nenas e dos nenos non só desta parroquia se non de todos aqueles e aquelas que deciden celebrar alí os seus festexos e aniversarios.

A remodelación do parque foi deseñada tendo en conta as necesidades lúdicas dos 66 nenos e nenas menores de catorce anos que viven na parroquia e que agora poden xogar na torre simple nervión que conta cunha escaleira, barra, tobogán, túnel e rocódromo, dous balancíns de muelles, un columpio mixto con dous asentos e unha torre combinada cun tobogán, unha rampa, un túnel e unha plataforma vagón.

O alcalde Xosé Represas explica que esta actuación enmárcase dentro da planificación municipal de renovación e mellora dos parques infantís tanto no centro urbano como nas parroquias. Nos últimos días realizáronse tamén obras de mellora no parque infantil de Celeiros.