Adrián Carpintero do IES do Barral gaña o Intecentros de Xadrez

Adrián Carpintero do IES do Barral gaña o encontro Intercentros de Xadrez que congregou a 45 alumnos e alumnas dos tres institutos de Ponteareas, IES do Barral, IES Pedra da Auga e IES Val do Tea. No encontro, celebrado neste último centro, quedou en segundo lugar Antón Rama do IES do Barral e terceiro Alejandro Puente do IES Val do Tea.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, felicita aos organizadores do evento e a todos os participantes así como aos gañadores.