Adiado o concerto desta noite de Guadi Galego para o martes 29 de setembro, festivo local

Dada a previsión de aumento das adversidades meteorolóxicas para esta noite en Ponteareas, e ante a imposibilidade de trasladalo de ubicación, dende o Concello de Ponteareas vémonos na obriga de adiar o concerto de Guadi Galego previsto para hoxe no Parque da Feira Vella para este *martes 29 de setembro, festivo local, ás 21h,* no mesmo lugar.

Dende o Concello de Ponteareas buscamos de inmediato esta nova data para que o concerto se poida celebrar, seguindo a nosa aposta decidida pola cultura e por non confinar a este sector nun momento tan complicado como o que estamos atravesando.

As entradas reservadas seguirán sendo validas, e no caso de que non poida asistir nesta nova data, agradecemos que nolo comunique. Lamentando as molestias que este adiamento poida ocasionar, agradecemos o seu interese neste evento e agardamos que poida gozar do concerto de Guadi Galego este martes 29 ás 21h no Parque da Feira Vella