Adapta mantén aberto o prazo para o curso de iniciación á fruticultura

A formación comezará o vindeiro 7 de marzo no Centro Municipal Asprodico

apple-tree-184375_1280A Asociación de Discapacitados do Condado e A Paradanta aínda ten aberto o prazo de inscrición no curso de iniciación á fruticultura (poda de árbores froiteiras), que terá lugar no Centro Municipal Asprodico do 7 ó 10 de marzo, en horario de 16:30 a 19:00 horas.

Cunha duración de 10 horas, que inclúen unha pequena parte práctica, esta actividade que tamén vai dirixida as persoas con discapacidade. Trátase dun curso gratuíto enmarcado dentro do programa de formación para persoas con discapacidade en materia agroforestal, que Adapta puxo en marcha a finais do pasado ano, e cuxo obxectivo e formar ó colectivo das persoas con discapacidade e mellorar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral.

Para anotarse ou para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Adapta a través dos telefonos 986.916.012 e 662.947.289, ou ben pasando pola oficina de Adapta situada no baixo do Centro Asprodico (Canedo s/n. Ponteareas).