O actual goberno de Ponteareas fai historia cunha liquidación positiva de 1,2 millóns de euros

O concello de Ponteareas acaba de pechar as contas de 2017 cun remanente positivo de tesourería de 1.213.430, 81€. O Alcalde Xosé Represas e o concelleiro de Facenda, Francisco Alonso calificaron estes resultados de “históricos, nunca antes acontecidos na historia de Ponteareas”.

O Alcalde explica que agora “podemos recoller os froitos de tres anos de traballo do actual goberno municipal nos que pasamos dun remanente negativo de tesourería de 5.031.208,90€ a este positivo de 1,2 millóns de euros. Un resultado que nunca se dera desde que se teñen datos da contabilidade municipal”.

O goberno detalla cifras e explica que os ingresos recadados en 2017 sumaron un total de de 14.416.963,38€, mentres que os gastos foron de 12.938.469€, dando un resultado orzamentario de 2.285.431,53€. A día de hoxe con esta liquidación positiva poderase resolver débedas e acometer proxectos.

Para o Alcalde era imprescindible poder sanear a economía para, de aquí en diante, comezar a construir o futuro de Pontereas. Dando prioridade á necesidade de non seguir hipotecando máis o futuro de Ponteareas en detrimento de accións propagandísticas e obras faraónicas que deran publicidade ao equipo de goberno, o goberno en coalición centrou, neste mandato, os seus obxectivos en por ao día a contabilidade.

Sen deixar de dar cobertura ás necesidades máis relevantes e urxentes, conseguimos todos xuntos nestes tres anos pagar non só débedas de millóns de euros se non tamén os intereses destas débedas.

Cifra histórica en gasto de persoal

O concelleiro de Facenda detallou os diferentes capítulos de execución do orzamento, o capítulo de gastos de persoas ascendeu a 5.034.097,79€, un 38,97% a porcentaxe máis baixa en gastos de persoal que se teña coñecido; mentres que os gastos correntes destinados a bens e servizos sumaron un total de  6.486.450,87€, un 50,13% do total do orzamento. 

Por outro parte os ingresos acadaron un nivel de execución do 92% sendo tres as liñas de financiación máis importantes: Impostos directos que sumaron un total de 4.572.988,75€, as taxas municipais que neste goberno se conxelaron suman un total de 2.443,590, 97€ e as transferencias correntes doutras administracións (Estado, Xunta e Deputación) por un importe total de 6.772.316,36€.

Francisco Alonso tamén reseñou a evolución moi positiva do endebedamento municipal quedando a 31 de decembro en 684.047,68€ que supón un 4,77% dos ingresos correntes de carácter ordinario. Un dato máis que positivo tendo en conta que a lei de Lei Reguladora das Facendas Locais permite ata un 110% dos ingresos municipais de débeda. Non podemos esquecer que no 2012 a débeda ascendía a doce millóns de euros.

O Alcalde destacou outro dato da solvencia económica do concello como o período medio de pago a provedores que no primeiro trimestre de 2018 quedou fixado en 12 días. Os resultados de 2017 cumpren coa regra de gasto e estabilidade financieira e orzamentaria do concello. “Estes datos económicos pemiten afrontar agora grandes proxetos con garantías. Agardamos que o goberno central nos permita a reinversión do superávit nas necesidades e servizos básicos.Despois de todos os esforzos xa é hora de que a cidadanía poida recibir os beneficios desta boa xestión económica”.

Saldarase o plan de axuste contraído polo PP

Outro dos obxectivos que perseguía o actual goberno municipal era cancelar o plan de axuste aprobado en 2013 polo anterior goberno do PP, plan que supuxo subas de impostos e limitou nestes anos a autonomía municipal. 

Co aforro acadado poderánse destinar máis de 400.000€ para novas obras e investimentos, quedando 800.000€ restantes que teñen que destinarse a cancelar o préstamos do plan de axuste e a contabilizar débedas xa pagadas a provedores e seguridade social.