Actuacións dos Ranchos de Reis e presenza do Rei Melchor nestes últimos días de Nadal

CabalgataEste sábado, día 3 de xaneiro, Ponteareas acollerá o pasacalles e actuación dos tradicionais Ranchos de Reis, danzas seculares que se conservaron en determinados lugares de Galicia, como en Ponteareas, e que desde o Concello de Ponteareas se tratan de Potenciar como un elemento singular da cultura de Galicia e de Ponteareas. O escenario da actuación será a Praza de Bugallal e a Praza Maior, ás 11:30 horas, a cargo do Rancho de Reis “Os Muíños de Oliveira” 

Pola tarde, das 16:30 h ás 20:00 h, o Rei Melchor estará diante da Casa do Concello repartindo caramelos, acompañado do seu paxe que percorrerá en bici as rúas máis céntricas do casco urbano, organizado pola Asociación Comercial Tea, en colaboración co Concello de Ponteareas.

O domingo, día 4 de xaneiro, os Ranchos de Reis tomarán de novo as rúas de Ponteareas, a partir das 17:00 horas coas actuacións do Rancho de Reis das Cortellas, Rancho de Reis de Guláns e Rancho de Reis de Fozara, os que farán un pasacalles polas rúas de Ponteareas e escenificarán as súas danzas na Praza de Bugallal e Praza Maior.

O Rei Melchor, como en días anteriores, estará das 16:30 h ás 20:00 h diante da Casa do Concello repartindo caramelos, acompañado do seu paxe que percorrerá en bici as rúas máis céntricas do casco urbano.