Actividades do Entroido 2015 en Ponteareas

nota_entroidoO alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González, e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, presentaron a programación do Concello de Ponteareas para o Entroido 2015.

Desde o venres, día 13, ata o mércores, día 18 de febreiro, desenvolveranse varias actividades, entre as que haberá cine infantil, concurso de disfraces de maiores, concurso de comparsas, concurso infantil de disfraces, desfile da comparsa Talismán e gran chocolatada popular. Así mesmo, o sábado, domingo e luns, contarase coas actuacións de fin de festa do trío Sevilla, o dúo Estelar, e o trío Cibeles. O velorio e enterro da sardiña dará fin ao Entroido, na compaña de todos os choróns e choronas e da charanga SDK de Guláns.

Durante os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro os máis pequenos son os protagonistas dos obradoiros de maquillaxe que se realizarán na Biblioteca Pública Municipal e nas Axencias de Lectura de Ribadetea, Guillade, Xinzo e Areas