A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa que este xoves día 6 ás 17 horas terá lugar a actividade de dinamización en igualdade “Igual a nós”.
Esta actividade, organizada na residencia de maiores Santa Ana,potenciará o uso das novas tecnoloxías nun espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal.