The Family Folks mañá no Rock Na Rúa Ponteareas

The Family Folks actuará mañá nos arredores da Casa da Triga a partir das 13 horas dentro da programación do Rock Na Rúa de Ponteareas. 

É o turno mañá da combinación Rock and Pizza para todos aqueles que se acheguen á vila a facer as súas compras, a gozar da boa gastronomía e a bailar sons de rock.

Centos de persoas encheron a rúa o pasado sábado día 3 co menú Rock and Callos do bodegón Severo e os The Loopholes. 

O sábado 17 actuarán os Breakin´Bones na casa Ferreira e o sábado 24 os The Trunks no Blu Bar.