Aberto o prazo de matrícula para a escola infantil

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe a nacionalista Verónica Carrera, informa da apertura do prazo de matrícula para a escola infantil municipal para o curso 2018-2019.

Poderase solicitar praza para nenas e nenos con idade entre os 3 meses e os 3 anos, é dicir, nados a partir do 1 de xaneiro de 2016.

Os impresos de solicitude pódense recoller na escola infantil de 10 a 13 horas ou na páxina web do concello e serán entregados no rexistro xeral do concello en horario de 9 a 13 horas xunto á documentación requerida antes do 20 de abril. 

http://ponteareas.gal/escola-infantil-curso-2018-2019/