Aberto o prazo de inscrición dos campamentos de verán da Deputación

O concelleiro de Deportes do Concello de Ponteareas, Benito Márquez, informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse nos campamentos de verán da Deputación de Pontevedra “Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe”.

Co obxecto de promover e foentar o desenvolvemento persoal e social dos rapaces que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, oferta para o ano 2018 este proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre e xogos.

Do 9 de xullo ao 25 de agosto realizaránse saídas ao medio natural, divertiranse no parque multiaventura, practicarán tiro con arco e deportes en equipo así como actividades acuáticas e participarán en distintos obradoiros en quendas de seis días. 

Poderán participar cativos e cativas nados entre os anos 2004 e 2011 e o prazo de inscrición remata o 23 de marzo. As solicitudes deberán presentarse xunto coa documentación requerida no rexistro de entrada do Concello de Ponteareas. 

As bases poderán consultarse na seguinte ligazón

http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/02/26/2018005233

As follas de inscrición 

https://procedementos.depo.es/formularios/?polideportivos