Aberto o proceso participativo para a redacción final do regulamento do Consello da Infancia e da Adolescencia

A Concellería de Educación, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, convida a toda a cidadanía e en especial ás familias a achegar as súas suxestións para completar o borrador do regulamento do consello municipal de infancia e adolescencia do concello de Ponteareas.

Cristina Fernández pretende con esta iniciativa crear un órgano que transmita a opinión e outras informacións deste sector da poboación para deseñar un futuro no que as súas necesidades estean contempladas para poderelles dar solución.

Na actualidade o concello de Ponteareas carece deste consello que sería o primeiro da historia da nosa cidade e que garantirá a participación dos menores de idade.

Todos e todas as que queiran achegar a súa opinión poden facelo a través do enderezo electrónico participacioncidada@ponteareas.gal ou consultar a convocatoria na pestaña “participación cidadá” da páxina web do concello ou directamente clikando nesta ligazón http://ponteareas.gal/participacion-cidada/