Aberto o prazo para os campamentos de verán de Depo aventura na Lanzada

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) dependente da Concellería de Mocidade, que dirixe Verónica Carrera,  quere poñer en coñecemento de todos os interesados/as que ata o vindeiro 28 de marzo estará aberto o prazo para participar nos campamentos Depo aventura 2019 que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra e que se desenvolven na Lanzada. Poderán acudir a Depo aventura A Lanzada nenos e nenas residentes nos Concellos de Pontevedra nacidos entre os anos 2006 e 2011.

As estadías serán de sete días e as quendas comezarán a desenvolverse o 23 de xuño, para de xeito ininterrompido, celebrarse ata o día 8 de setembro. O custe será de 100 euros por participante e 80 euros por praza para menores de familia numerosa. As persoas interesadas en solicitar máis información, poden facelo na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal, no teléfono 672 10 54 68 ou no enderezo de correo electrónico omix@ponteareas.es