Aberto o prazo para o Campus Tea Nadal que este ano conta con aula matinal dende ás 07:30 horas

A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández informa que xa están colgadas na web do concello as fichas de inscrición para o Campus Tea de Nadal que terá lugar os días laborais do 24 de decembro ao 7 de xaneiro para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e para que os cativos e cativas e mozas e mozos de entre 3 e 12 anos de idade teñan unha alternativa de lecer didáctico nestas vacacións de nadal. 

Por vez primeira aula matinal no Nadal

O Campus Tea será como de costume en horario de mañá de 09:00 a 14:00 horas no CEIP Fermín Bouza Brey e cun prezo de 25€ por alumno/a. Este ano a concellería incorpora a novidade do servizo de aula matinal subvencionada, cun custe de 10 euros por todos os días. A aula matinal do Campus Tea abrirá as súas portas de 07:30 a 09:00 horas para todas as familias que o precisen.

O prazo de preinscrición abrangue ata o 3 de decembro e tanto as bases como os impresos poden obterse na oficina de ensino do concello de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou na páxina web na pestaña Ensino “bases ensino” ou clikando nesta ligazón https://ponteareas.gal/servizos/ensino/bases-ensino/