Aberto o prazo para inscribirse na cabalgata de Reis

A concellería de Cultura e  Turismo que dirixe Hortensia Bautista informa da apertura do prazo mañá venres día 14 para inscribir aos cativos e cativas de idades comprendidas entre seis e catorce anos na cabalgata de Reis. Os interesados e interesadas en participar desfilando o día 5 ás 17 horas polo centro urbano, deberán presentar solicitude no rexistro do concello ata o día 28 de decembro indicando idade e teléfono de contacto.